¡¡ BENVIDO  A  XEVE.EU !!

Xeve é pedra, arte, historia; é verde pradeira, montaña, ríos e terra fértil. Xeve é terra de canteiros...

  

Hoxe confórmano tres parroquias:

Santo André, Santa María e Verducido.

 

Xuntos, os tres "xeves" forman na sua orografía unha pequena Irlanda e, nas súas xentes, destaca un xen aventureiro.

 

 

                                                     BENVIDOS A XEVE.EU

 

Xeve foi un antigo concello da comarca de Pontevedra. En 1847, deslíndase  do de Cerponzóns e constitúese como propio ata 1944, formado polas parroquias de Xeve e Verducido.

 

Hoxe, ambas parroquias están integradas no de Pontevedra e asiste como testemuña  o edificio que acollía as dependencias administrativas en Santa María.

 

 

Descubra a nosa web e envíenos as súas suxerencias, inquedanzas ou peticións.

En XEVE.EU tratamos de ser a fiestra xeral de todos os veciños de Xeve ao mundo.  

Aquí non hai censuras e todos os seus consellos e mensaxes serán benvidos.

Axúdenos a mellorar e ser de apoio a todos para que Xeve sexa un pobo máis únido, querido e admirado.

XEVE.EU xa está en EUROPA para o mundo e eiquí ofreceremos o mellor de nós na rede.

 

¡¡Sexan todos benvidos!!

P    U    B    L    I    C    I    D    A    D     E

¡¡MOI PRONTO XEVE.GAL!!

    Xentilicio: Xeveir@                          Habitantes: 3.090

  

 

Contacto

www.xeve.eu

 

Lg/ Fragoso Nº 8
Santo  André de Xeve

36150 Pontevedra

 

Correo electrónico:

             xeve@xeve.eu

 

Contacto: 626 601 514

WSP:        679 587 323

REFRANEIRO DE XEVE

 

San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

A horta en outono mantén o seu dono.


Outono quente trae o demo no ventre.

Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

Outono chuvioso ano copioso.

Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.

En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Moita flor na primavera bon outono nos espera.

A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.

PUBLICIDADE

WWW.XEVE.GAL

É  a   web   dos   veciños   de   Xeve.

Todos podedes ser partícipes nela chamándonos, enviándonos fotos, noticias,  un  e-mail, ou ben da forma que creades máis axeitada.

¡¡  PARTICIPA      NELA,    É    TÚA  !!

XEVE.eu en redes sociais :

Esta páxina está feita dun xeito aberto e directo, primando a lingua que cada quen desexe usar. CASTELÁN e GALEGO van á par porque entendemos que non vamos a censurar nin condicionar os textos e que cada quen os exprese libremente. E mais aquí non existe un galego normativo, só o que falamos a cotío todos os veciños de Xeve.