Xeve é pedra, é arte, historia, é verde pradeira, é montaña, ríos e terra fértil, Xeve é terra de canteiros...
Hoxe confórmano tres parroquias:
San Andrés, Santa María e Verducido.
Xuntos, os tres xeves forman na sua orografía unha pequena Irlanda e, nas súas xentes, destaca un xen aventureiro.
BENVIDOS A XEVE.EU
Xeve foi un antiguo concello da comarca de Pontevedra. En 1847, deslíndase do de Cerponzóns e constitúese como propio ata 1944 formado polas parroquias de Xeve e Verducido.
Hoxe, ambas parroquias están integradas no de Pontevedra e asiste como testemuña o edificio que acollía as dependencias administrativas en Santa María.
Descubra a nosa web e envíenos as súas suxerencias, inquedanzas ou peticións.
En XEVE.EU tratamos de ser a fiestra xeral de todos os veciños de Xeve ao mundo.
Aquí non hai censuras e todos os seus consellos e mensaxes serán benvidos.
Axúdenos a mellorar e ser de apoio a todos para que Xeve sexa un pobo máis únido, querido e admirado.
XEVE.EU xa está en EUROPA para o mundo e eiquí ofreceremos o mellor de nós na rede.
¡¡Sexan todos benvidos!!